Estrea dos talleres formativo para os alumnos do CAD Peleteiro – FGB

O CAD Peleteiro FGB vive o seu primeiro mes de formación a pleno rendemento. O ciclo inicial de grado medio para a formación en Baloncesto que Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro arrincaron con éxito nesta temporada 2018 – 2019 está a establecer as súas sólidas bases da man de 33 alumnos e un completo cadro de profesores.

Cun total de 430 horas lectivas, repartidas entre carácter presencial e online, este ambicioso proxecto, ofrecerá este sábado, 13 de outubro; a primeira actividade presencial das que ao longo de todo o ano complementarán a carga educativa continua que os alumnos reciben a través da “Plataforma Online FGB”.

Nas instalacións do colexio Manuel Peleteiro, os alumnos do CAD participarán dun taller exclusivo que os formará en Novas Tecnoloxías, e farano da man da adestradora superior e doctora en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Iria Uxia Romarís, actualmente integrante do cadro técnico do CB Culleredo de Liga EBA e categoría júnior; e con experiencia previa durante as últimas sete temporadas en clubs como Xuventude Cambados (Liga EBA e LEB Prata) e Basquet Coruña (LEB Ouro).

cad1

Iria Uxia impartirá aos alumnos do CAD FGB Manuel Peleteiro os fundamentos do uso e a aplicabilidade das novas tecnoloxías na área da formación en Baloncesto, dándolles a coñecer diferentes tipos de ferramentas, programas e aplicación para mellorar o control e desenvolvemento da avaliación da aprendizaxe e rendemento de xogadores e equipos.

A participación da adestradora galega neste primeiro trimestre do CAD Manuel Peletiero dará o psitoletazo de saída a unha serie de actividades que outorgarán un plus á xa de por si estructura do CAD, tano no seu bloque común como no específico, grazas a contar con adestradores e profesionais do basket ao máis alto nivel.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram