Ferrol, primeira parada dos Cursos de Iniciación 2019 – 2010

Ferrol será sede para o primeiro curso de adestradores nivel iniciación da temporada 2019 – 2020. A área de deportiva FGB marca para o mes de setembro esta nova cita didáctica, que estrea a nova NORMATIVA para a formación en nivel iniciación e que se levará a cabo baixo a seguinte programación:

Curso de Iniciación 2019 – 2020 – Delegación Ferrol 
Sede: Ferrol (Instalacións Colexio Tirso)

Fase Presencial
06/09/19 (horario de tarde)
07/09/19 (horario de mañá e tarde)
08/09/19 (horario de mañá e tarde)

Fase non presencial
Esta etapa realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición
Os interesados en tramitar a inscrición nesta convocatoria poderán facelo dende este mesmo venres, e ata o vindeiro dous de setembro, debendo cumprir os seguintes requisitos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (delegacionferrol@fegaba.com) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información.
Nos documentos que achegamos poñemos a vosa disposición a Normativa 2019 – 2020 para a formación e iniciación, onde se detallan as pautas que configurarán os cursos; e as bases do noso programa de Bolsas, o denominado “Programa Tono Lagares”.

Formulario Solicitude de Bolsas “Tono Lagares”
Formulario Inscrición: Iniciación 2019 – 2020
Normativa Cursos Iniciación Adestradores 2019 – 2020
Programa de Bolsas 2019 – 2020

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram