Adestradores: Boiro, sede para o último curso de iniciación da temporada

A Delegación FGB en Santiago despedirá o ciclo 2018 – 2019 coa convocatoria dun novo curso de iniciación para adestradores. Con sede na localidade de Boiro, grazas a colaboración do Club Baloncesto Santa Baia, a área deportiva FGB activa este curso coa seguinte programación lectiva:

Fase Presencial

21/06/19 (Instalacións Santa Baia – Boiro)
22/06/19 (Instalacións Santa Baia – Boiro)
23/06/19 (Instalacións Santa Baia – Boiro)

Fase non presencial
Esta etapa realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición
A inscrición nesta convocatoria poderá realizarse ata o día 19 de xuño cumprindo os seguintes requisitos:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (delegacionsantiago@fegaba.com) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información.

Nos documentos que achegamos poñemos a vosa disposición todo o preciso para levar a cabo este trámite, incluindo as bases do noso programa de Bolsas de Axuda económica para estes cursos, o denominado “Programa Tono Lagares”. 

Normativa Cursos de Iniciación 2018 – 2019
Formulario de Inscrición: Iniciación 2018 – 2019
Bases do Programa de Bolsas de Axuda – Tono Lagares
Bases do Programa de Bolsas de Axuda – Tono Lagares
Horario Curso Completo – 21, 22 e 23/06/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram