Adestradores: A formación en iniciación despide a temporada con cita en Rianxo

A Delegación FGB en Santiago pon en marcha o que será o derradeiro Curso de Formación en Iniciación para adestradores da temporada 2016 – 2017. A localidade de Rianxo é a escollida como sede presencial para esta convocatoria.

A zonal compostelá celebrará esta cita en cuestión coa novidade do formato express: 18 horas a realizar, obrigatoriamente, de xeito presencial, e as restantes que marca a carga lectiva a través da Plataforma “on line” FGB:

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 01/06/2017.

Formación presencial: 17 – 18/06/17. Sede: Pavillón Municipal Rianxo.

Inscrición: aberta ata o 30/05/2017

Os interesados en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través da indicada Delegación FGB en Santiago. Para formalizar este proceso será preciso realizar, en primeira instancia, o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406) e, posteriormente, remitir vía mail (delegacionsantiago@fegaba.com) o xustificante de ingreso, así como o formulario de inscrición.

Programa de Bolsas
A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos.

Normativa Cursos Iniciación 2016 – 2017
Formulario Preinscrición
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram