Adestradores: A Delegación en Arousa convoca Curso de Iniciación

A Delegación FGB en Arousa activa o seu Curso de Formación en Iniciación 2016 – 2017 para adestradores, marcado no calendario para as última datas do mes de abril.

A zonal federativa celebrará esta cita en cuestión coa xa habitual carga lectiva repartida en presencial e non presencial, cumprindo co seguinte programa temporal e con sede física no Concello de Marín:

Delegación Arousa – Curso de Iniciación abril/maio 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 17/04/2017.

Formación presencial: 29 – 30/04/17 e 01/05/2017. Sede: Colexio San Narciso (Marín)

Inscrición: aberta ata o 11/04/2017

Os interesados en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través da Delegación de Arousa. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Posteriormente a delegación deberán recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso: delegacionarousa@fegaba.com

Programa de Bolsas
A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos.

Normativa Cursos Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Preinscrición Cursos Iniciación
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram