Fondo Pesar polo falecemento de Maite Méndez

Nunca hai verbas axeitadas para despedir a quen deixou en todos nós unha pegada imborrable.

O Baloncesto Galego despediu esta mañá a Maite Méndez, un dos nosos piares e alma mater do noso deporte.

Con fondo pesar, todos os que formamos a Federación Galega de Baloncesto queremos trasladar o noso máis sentido pésame a toda a súa familia, á que coñecemos e queremos; e a todas as persoas que forman o Club Baloncesto Arxil, símbolo da paixón, o traballo, o respecto e o amor que Maite entregou sempre ao Baloncesto e á súa cidade, Pontevedra.

O noso recordo a súa traxectoria vital e deportiva no Baloncesto feminino será eterno. E o seu legado un motivo de orgullo para o noso deporte. Unha luz no camiño.

O noso inmenso cariño e toda a nosa forza.

DEP

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram