Begoña del Río e Lola Oliveira, novas Delegadas FEGABA

Delegadas FEGABA

A Federación Galega de Baloncesto comunica a incorporación de Begoña del Río e Lola Oliveira como novas responsables das Delegacións Zonais de Santiago e Arousa, respectivamente.

Begoña del Río, actual xefa de protección Civil en Santiago de Compostela, conta cunha traxectoria amplamente ligada ao Baloncesto, deporte que sigue sendo protagonista no seu día a día, e que agora sumará na faceta institucional dende a perspectiva federativa.

Lola Oliveira, pola súa banda, accede ao temón da Delegación en Arousa sendo unha perfecta coñecedora da mesma tras 14 anos ao fronte da súa parcela administrativa e con contacto directo coa dinámica deportiva.

Dende aquí, darlle a benvida a ambas a esta nova responsabilidade e trasladar a confianza e colaboración plena de todo o equipo que conforma a Federación Galega de Baloncesto.

En imaxe: O Presidente, Julio Bernárdez; e a Directora Xeral, Susana Fernández; xunto a Begoña del Río na sede FEGABA en Compostela.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram