Efrén Castro recibe á dirección da Federación Galega de Baloncesto

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; mantivo esta tarde un encontro co noso Presidente, Julio Bernárdez; na que se abordaron proxectos futuros de colaboración para continuar coa dinamización e mellora da práctica do Baloncesto na provincia lucense.

Valoraron diferentes propostas de acción, as cales foron acollidas con suma cordialidade e atención polo Vicepresidente e o seu equipo de traballo.

Na reunión participaron tamén o Delegado FGB en Lugo, Alejandro Alcalde; A Directora Xeral FGB, Susana Fernández; e Marga Rodríguez; membro da Comisión Delegada FGB e Presidenta do CB Val de Lemos.

Tanto o Presidente FGB como o seu grupo directivo agradeceron a atención do Vicepresidente e a súa asertividade ante as iniciativas presentadas.

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo xestiona o Pazo dos Deportes e do Anexo, instalacións fundamentais para o baloncesto lucense, xa que albergan os partidos e adestramentos da maioría dos clubs da cidade de Lugo, profesionais e de base.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram