O formato PDC Xeográfico salta de novo a escena

Actividade a pleno rendemento para o Programa de Tecnificación FGB neste mes de febreiro.

A Área Deportiva FGB recupera o formato PDC Xeográfico para reunir a xogadores e xogadoras da xeración 2014 chegados de toda Galicia. Con eles traballarase este domingo, 25 de febreiro; no Pavillón Municipal Coto Ferreiro de  A Estrada.

Distribuídos en grupos Norte e Sur, un total de 29 xogadores e 29 xogadoras están citados co propósito do seu seguimento deportivo.

Ao fronte desta convocatoria estarán os técnicos Marcos Vázquez e Andrés Blanco (FEDESA) en categoría masculina; e Joan García (EDO Blanco Amor) e Duna Cid (CB Allariz) en feminina.

Consulta aquí a continuación as convocatorias:

PDC Xeográfico 2014 Masculino Norte

PDC Xeográfico 2014 Masculino Sur

PDC Xeográfico 2014 Feminino Norte

PDC Xeográfico 2014 Feminino Sur

Convocatorias Zonais

De xeito paralelo á convocatoria autonómica, o Programa de Tecnificación FGB continúa a súa programación de ámbito zonal. Neste caso, e tamén establecendo o domingo como data, haberá actividade nas Delegacións de Santiago, Arousa e Vigo. Farano baixo o seguinte plan:

Delegación Arousa

Pdc Aberto – 2015.

Pavillón Municipal Cuntis.

Categoría Masculina (18:05 h) e Feminina (16:30 h)

Delegación Santiago

Pdc Aberto – 2015.

Pavillón Pontepedriña

Categoría Masculina (10:00 h) e Feminina (12:00 h)

Delegación Vigo

Pdc Aberto – 2015.

Pavillón Cuvi.

Categoría Masculina (16:30 h) e Feminina. (16:30 h)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram