Nova Asemblea Xeral FEB 2024 – 2028

A Xunta Electoral da Federación Española de Baloncesto proclamou este mércores 24 de abril, de xeito definitivo, aos membros da súa Asemblea Xeral para o período 2024-2028.

Tras as eleccións celebradas este luns, 22 de abril; nos estamentos nos que se fixo preciso, e seguindo os procesos establecidos, a FEB comunicou a composición desta nova Asemblea, na que un total de 100 asembleístas electos únense aos máximos representantes das 19 federacións autonómicas e ao presidente/a FEB, que será elixido o vindeiro 20 de maio.

Nesta Asemblea Xeral FEB 2024 – 2028 o Baloncesto conta con oito representantes:

FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS
Presidente Federación Galega de Baloncesto – Julio Bernárdez Álvarez.

ESTAMENTO DE CLUBS PROFESIONAIS
Obradoiro CAB |Eduardo Pascual Arcas.
CB Breogán | José Antonio Díaz López.

ESTAMENTO DE CLUBS NON PROFESIONAIS
Asociación Deportiva Bosco | Susana Fernández Fiuza.
CB Bosco | Carlos Colinas Morán.

ESTAMENTO XOGADORES NON PROFESIONAIS
Nerea Liste Alfonsín.

ESTAMENTO ADESTRADORES NON PROFESIONAIS
Rubén Engroba Cabo.

ESTAMENTO ÁRBITROS NON PROFESIONAIS
Daniel López Illán.

A relación completa de asembleístas está dispoñible en www.feb.es.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram