Banco Santander e UFEDEGA asinan un acordo que achega solucións financieiras ás demandas dos Clubs

Os Clubs federados de Baloncesto poderán beneficiarse de importantes vantaxes en servizos bancarios grazas ao acordo establecido este martes, 19 de marzo, pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e o Banco Santander.

Na sede da Real Federación Galega de Fútbol, ambas entidades, representadas por Rafael Louzán, presidente de UFEDEGA; e Luis Pernas e Avelino Carballo, director da Banca Institucional e director de Empresas de Galicia do banco, rubricaron un convenio que permitirá aos clubs galegos beneficiarse dunha ampla oferta de produtos e servizos de pasivo do Banco Santander.

Entre os produtos ofertados pola entidade bancaria atópanse beneficios en contas bancarias, cobros e medios de pago (TPV, pasarela de pagos e Bizum). Desta forma, a UFEDEGA dá solución a unhas das demandas que viñan expoñendo as entidades deportivas.

Á rúbrica do acordo asistiron tamén: Bruno López, vicepresidente da UFEDEGA, o noso presidente FEGABA E Secretario da UFEDEGA, Julio Bernárdez, ; e os vogais Óscar Lafuente e Alfredo Bea. Estivo tamén presente Francisco Fernández, Director de negocio adquirinte GetNet do banco.

Como acceder ás vantanxes!

Para acceder á información completa do acordo e ao documento do convenio, os clubs poden facelo vía web da UFEDEGA, na seguinte SECCIÓN. A través deste apartado pódese descargar o ANEXO II do propio convenio, cubrir os datos requeridos e envialo ao correo electrónico indicado no mesmo. Nun prazo de 2-3 días estarán adherido as vantaxes ofertadas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram