Autocares Rías Baixas, novo patrocinador da Liga FGB Feminina de Veteranas

Autocares Rías Baixas estreita con este paso no ámbito federativo o  seu apoio ao deporte feminino, motor da sociedade para loitar pola igualdade de oportunidades e seguir fomentando hábitos de vida saudables.

Federación Galega de BaloncestoAutocares Rías Baixas fan oficial o acordo mediante o cal a compañía galega de transportes convértese na patrocinadora da Liga FGB de Veteranas na vixente temporada, e durante a 2024 – 2025.

Esta nova ligazón, que rubricaron o Presidente Federativo, Julio Bernárdez; e o Director Comercial de Autocares Rías Baixas, José Menéndez; dará nome e apoio á competición de veteranas creada pola FEGABA na presente temporada e con ampla proxección para os futuros ciclos competitivos.

A sinatura deste acordo consolida tamén a ligazón entre a Federación Galega de Baloncesto e Autocares Rías Baixas, empresa que suma xa máis de dez anos acompañando ás seleccións galegas de Baloncesto Base nas súas participacións nos Campionatos de España.

Liga Feminina “Autocares Rías Baixas”

A nova Liga Feminina “Autocares Rías Baixas” de Veteranas estreará de xeito oficial o seu novo patrocinio o vindeiro 9 de marzo; data na que celebrará a súa cuarta concentración de xogo. Será en Santiago de Compostela, baixo a organización de DOS MÁS UNO.

Con nove equipos de distintos puntos de Galicia en liza, esta Liga vive unha temporada de debut marcada polas gañas e a ilusión de todas as súas protagonistas. A nivel deportivo, e tras a xornada de Compostela, a competición culminará con dúas citas máis no seu calendario: 28 de abril en Lugo e a xornada final marcada para o 23 de xuño.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram