Redes sostibles para as Canastras Galegas

Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS suman as súas forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible.

Con motivo da celebración o vindeiro 22 de marzo do Día mundial da Auga, FEGABA e GADIS ofrecen aos clubs galegos de Baloncesto a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas redes para as súas canastras, unhas redes especiais que proceden do mar e que chegan coa sinatura da empresa ECOBALLUTION.

Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS súmanse así a aposta de ECOBALLUTION para materializar a capacidade do Deporte para respectar e coidar ao medio ambiente.

As redes ECOBALLUTION están confeccionadas de forma artesanal polas redeiras de Corme, e proceden doutras redes, as que se atopan no mar ou foron rexeitadas xa para o seu uso neste ámbito.

Ecoballution

A ligazón de ECOBALLUTION co Baloncesto non é allea. Esta marca conta co xogador Coruñés, Carlos Martínez; como o seu fundador, director e coñecedor en primeira persoa da importancia do compromiso que o Deporte debe ter co medio ambiente, neste caso a través da AUGA.

Como solicitar as redes

Os clubs que o desexen poderán solicitar á Federación Galega de Baloncesto ata un máximo de dúas redes, suxeita esta petición ata esgotar as existencias dispoñibles.

O prazo para realizar esta petición permanecerá aberto ata o peche de stock.

As solicitudes realizaranse a través do seguinte FORMULARIO WEB e atenderanse por estrita orde de chegada.

Animámosvos a construír xuntos un Baloncesto máis sostible a partir da AUGA!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram