Feliz Día das Letras Galegas!

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxeamos a Luísa Villalta, autora coruñesa que dedicou gran parte da súa vida non só á publicación de poemas e ensaios en galego, senón que tamén tivo unha brillante carreira como violinista.
 
Dende a FEGABA, convidámosvos a compartir vídeos recitando os vosos fragmentos favoritos das súas obras. E para aqueles clubs, colexiados e oficiais que se animen, e nos etiqueten ou mencionen nas redes sociais; temos un agasallo moi especial: un marca páxinas creado como recoñecemento do Baloncesto Galego a Luísa Villalta, á súa obra, e á Nosa Lingua!. 
 

Descubride a continuación Como participar da nosa homenaxe: 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram