FEGABA e GADIS X ECOBALLUTION

REDES SOSTIBLES PARA AS CANASTRAS GALEGAS

Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS sumamos forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible.

Con motivo da celebración o vindeiro 22 de marzo do Día mundial da AUGA, FEGABA e Supermercados GADIS ofrecemos aos clubs a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas redes para as súas canastras, unhas redes especiais que proceden do MAR e que chegan coa sinatura da empresa coruñesa ECOBALLUTION.

Federación Galega de Baloncesto e GADIS unímonos á aposta de ECOBALLUTION pra materializar a capacidade do Deporte para respectar e coidar ao medio ambiente.

As redes ECOBALLUTION están confeccionadas de forma artesanal polas redeiras de Corme, e proceden de outras redes, as que se atopan no mar ou foron rexeitadas xa para o seu uso neste ámbito.

Ecoballution

A ligazón de ECOBALLUTION co Baloncesto non é allea. Esta marca conta co xogador coruñés, Carlos Martínez; como o seu fundador, director e coñecedor en primeira persoa da importancia do compromiso que o Deporte debe ter co medio ambiente, neste caso a través da AUGA. 

Conciencia e proceso

Ese compromiso cobra vida a través dun proceso de respecto e empatía polo noso medio ambiente que trae as redes ata as nosas canatras! 

Mesa de trabajo 2