Compostela, preparada para o Campionato de España de clubs Cadete Feminino

– Máis de 600 deportistas pertencentes a 32 equipos participarán no Campionato de España de Clubs Cadete Feminino, un fito deportivo e social organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago que terá lugar desde este domingo, 19 de maio; e ata o 25 de maio en varios espazos da cidade.
– Durante estes sete días, disputaranse un total de 66 partidos que terán lugar nos pavillóns municipais do Restollal, Fontiñas e de Santa Isabel.

CALENDARIO DE XOGO COMPLETO 

RESULTADOS 

Todos os partidos en directo vía CANAL FEB

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Concello De Santiago, organizan en Compostela o Campionato de España Cadete Feminino, unha  cita que porá o total protagonismo no potencial, valores e talento deportivo que atesouran as xogadoras novas do baloncesto nacional, e converterá á cidade en punto de encontro para un total de 32 equipos, máis de 600 deportistas, 30 árbitros, 70 oficiais de mesa e un número aproximado de 2.000 afeccionados.

Entre os 32 equipos compiten tres galegos: Celta Baloncesto Feminino, CB Culleredo e Costa Ártabra, clasificados como campión, subcampión e terceiro do Campionato Galego “Xunta de Galicia” Cadete Feminino.

Disputaranse un total de 66 partidos durante os 7 días de competición, cos Pavillón do Restollal, Fontiñas e Santa Isabel como escenario, acollendo este último a Fase Final do campionato.

O sistema de competición formula catro grupos (A, B, C e D) de cabezas de serie con catro participantes e tres pasaportes aos oitavos de final. E outros catro (E, F, G e H) nos que só o líder loitará polo título. Tres días de liga regular e outros catro de eliminatorias directas (oitavos, cuartos, semis e final).

Os grupos de xogo están distribuídos do seguinte xeito:

Grupo A: SPAR Gran Canaria Maspalomas Costa Naranja, Alight FCBG, Celta Zorka Recalvi e CB Villamuriel.

Grupo B: Casademont Zaragoza, Valencia Basket, Sertrans F Sant Adrià  e Toyota Adareva Tenerife.

Grupo C: Unicaja, Movistar Estudiantes, CB San Blas Alicante e F. Basket Zaragoza.

Grupo D: Barça CBS, Patatas Hijolusa, Real Canoe e Cádiz CB Gades.

Grupo E: Unibasket, Kells College, Cl Fisioterapia Ignacio Martínez e La Salle.

Grupo F: CB Al-Qázeres, Gran Canaria, CD Ecole e Joventut Badalona.

Grupo G: Alcudia BC, O Traconiz Araba, CB Toledo CD CEI e Costa Artabra

Grupo H: Traumacor Culleredo, CB Navasket, Movilteck ISB e St. Casablanca

A final do Campionato terá lugar o sábado, 25 de maio; ás 12:00 h no Pavillón de Santa Isabel.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram