Ribadeo aposta por acoller importantes Torneos Nacionais e Internacionais de Baloncesto

Ribadeo aposta por acoller importantes torneos nacionais e internacionais de baloncesto. O Presidente FGB realizou este luns unha visita ao Concello na que púxose sobre a mesa como obxectivo que Ribadeo poida acoller importantes torneos ao longo dos vindeiros anos.

Neste encontro xunto ao noso Presidente participaron o alcalde, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, así como o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.

O máximo dirixente FGB agradeceu, en primeira instancia, o cordial recibimento por parte de Club e Concello; e fixo fincapé no valor do traballo que, tanto dende o Concello como do Club, se realiza a prol da promoción do Baloncesto e do Deporte.

Pola súa banda, Silvent sinalou que “o que quixemos con este encontro foi trazar unha dinámica de traballo que nos permita traer a Ribadeo importantes torneos nacionais e internacionais de baloncesto. Xa o ano pasado recibimos aquí ao Breogán, en Ribadeo celebrouse tamén I Trofeo Triangular Illa Pancha de baloncesto feminino e nesta liña queremos seguir”.

O edil de Deportes indicou: “en Ribadeo respírase baloncesto e queremos acoller máis eventos deportivos deste deporte, que ademais contribúen tamén á promoción turística do noso concello e á dinamización dos hoteis e da hostalería”.

E engadiu: “agradecémoslle a Julio César Bernárdez a súa visita a Ribadeo e a súa disposición a colaborar”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram