Tecnificación FGB: os PDCs avanzan ao ámbito autonómico

A Área Deportiva FGB dá un paso máis no seu traballo de seguimento e avaliación. Tras as convocatorias previas de PDC Xeográfico Norte e Sur, formula unha nova cita para reunir a xogadores e xogadoras da xeración 2014 xa a nivel autonómico. Esta terá lugar este domingo, 10 de marzo; no Pavillón Municipal Coto Ferreiro de A Estrada.

Ao fronte desta xornada de traballo repetirán en categoría masculina os técnicos Marcos Vázquez e Andrés Blanco (FEDESA) e, en categoría feminina levaran o temón Sarai Carro (Ensino Lugo) e Duna Cid (CB Allariz).

As convocatorias en cada categoría poden consultarse a continuación:

PDC Autonómico 2014 Masculino

PDC Autonómico 2014 Feminino

Convocatorias Zonais

o Programa de Tecnificación FGB prosegue tamén coa súa programación de ámbito zonal. Nesta quenda, son as Delegacións de Santiago e Ourense as que configuran a axenda do seguinte xeito:

Delegación Santiago – 10/03/2024

Pdc Pechado – 2015.

Sede: Pavillón Pontepedriña

Categoría Masculina (10:00 h) e Feminina (12:00 h)

Delegación Ourense – 10/03/24

Pdc Aberto – 2015.

Sede: Pavillón Municipal Pereiro de Aguiar.

Categoría Masculina (17:00 h) e Feminina. (18:30 h)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram