O Mini 2024 xa ten calendario de competición

Achégase o gran torneo de formación da tempada 2023/24. O Campionato de España Minibasket de Seleccións Autonómicas, que se disputará do 23 ao 27 de marzo en San Fernando (Cádiz), ten xa o seu calendario no que Galicia competirá encadrada, en ambas as categorías, no Grupo D. 

Despois da experiencia do 2023 en Tarragona e Salou, o Mini regresa á localidade gaditana de San Fernando, sede habitual durante os últimos anos do torneo de formación. Cinco pistas (Bahía Sur, Parque 1, Parque 2, Pavillón Enrique Márquez e Pavillón Manuel Gómez Castro), 38 equipos, 19 Federacións Autonómicas e case medio milleiro de xogadores/as para a cita que comezará o próximo 23 de marzo.

Os 110 partidos emitiranse en directo por CanalFEB de forma gratuíta e cun simple rexistro. O sistema de competición é idéntico ao da tempada pasada. Os dous primeiros días xogarase a primeira fase con cinco grupos (catro de catro e equipos e un de tres) que decidirán os oito mellores equipos do torneo.

Clasificaranse os dous primeiros equipos dos Grupos A, B e C e os líderes do D e E. Haberá outro cadro de cruces para dirimir os postos do 9 ao 16 (3º e 4º do Grupo A, 3º do B e C e 2º e 3º do D e E); e un triangular para os postos do 17 ao 19 (4º dos Grupos B, C e D).

Defenden título a Comunitat Valenciana en masculino, que derrotou na final a Cataluña; e a Comunidade de Madrid en feminino, gañando a Andalucía na final da edición de 2023 de Tarragona e Salou.

Calendario #PlanetaMini2024

CATEGORÍA MASCULINA
Grupo A: Cataluña, Aragón, Cantabria e País Vasco.
Grupo B: Andalucía, Canarias, Cast. Mancha e A Rioxa.
Grupo C: Madrid, C. Valenciana, Estremadura e Melilla.
Grupo D: Galicia, Asturias, Navarra e Ceuta.
Grupo E: Baleares, Cast. León e R. Murcia.

CATEGORÍA FEMININA
Grupo A: Madrid, Aragón, I. Baleares e Cantabria.
Grupo B: Andalucía, I. Canarias, A Rioxa e R. Murcia.
Grupo C: Cataluña, C. Valenciana, Cast. Mancha e Melilla.
Grupo D: Galicia, P. Asturias, Estremadura e Ceuta.
Grupo E: Cast. León, País Vasco e Navarra.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram