A Liga de Veteranas “Autocares Rías Baixas” chega a Compostela

– A Liga de Veteranas FGB chega a Santiago de Compostela coa súa 4º concentración da temporada 2023 – 2024.

– Nesta cita, a competición servirá como homenaxe do Baloncesto Galego ás mulleres deportistas. 

Santiago de Compostela acolle este sábado, 9 de marzo; a cuarta concentración da nova Liga de Baloncesto de Veteranas “Autocares Rías Baixas” FGB.

No Pavillón Montouto, e baixo a organización de ADC DOS MÁS UNO; catro dos nove equipos que integran a competición, darán vida a súa cuarta concentración da temporada.

A Liga de Veteranas FGB naceu na actual temporada 2023 – 2024 da man da Federación Galega de Baloncesto para dar un espazo competitivo a xogadoras nadas antes do 1989. Dela forman parte un total de 9 clubs, enfrontándose en formato concentración mensual e con sede itinerante.

A de Compostela sumará unha parada importante para esta Liga. Nesta, estreará o seu novo patrocinador, “Autocares Rías Baixas”; ee brindarase unha homenaxe do Baloncesto Galego a todas as mulleres deportistas, materializándose este a través dunha foto de familia de todas as xogadoras. A instantánea realizarase no tempo entre os dous encontros (19:30 h).

En xogo

ADC DOS MAS Uno (Santiago), La Salle Golden CAB (Santiago), CB Val de Lemos (Monforte) e CB Rodaballo (Vigo) son os equipos que protagonizarán a xornada. Farano co seguinte calendario:

(18:00 h) La Salle Golden CAB – Val de Lemos

(20:00 h) DOS MAS UNO Alzai – C.B. Rodaballo

A clasificación e resultados da Liga ao completo poden consultase AQUÍ.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram