XV Torneo Minibasket “CB Baiona”

Un ano máis o Torneo de Minibasket que organiza o Club Baloncesto Baiona volve os próximos días 22, 23 e 24 de marzo. Esta edición contará con 32 equipos de categoría alevín, 16 masculinos e 16 femininos, procedentes de Cataluña, Valladolid, Ponferrada e as catro provincias galegas.
A fin de semana será de actividade frenética, xa que se disputarán un total de 74 partidos e reunirá na vila de Baiona a máis de 450 participantes, contando coa participación, a través de xornadas técnicas de traballo; dos colexiados CGAB integrantes da Escola Galega de Árbitros (ESGAR). 

O venres 22 de marzo arrinca esta edición co clásico concurso de tiro por parellas. O sábado disputarase a fase de grupos e o domingo terán lugar os playoffs para todos os equipos. Terminando a edición pola tarde coas finais de cada categoría e clausúraa do Torneo coa entrega de premios a todos e trofeos aos gañadores.

Desde o CB Baiona traballan para que esta nova edición estea á altura das anteriores. Tamén desexan que os participantes gocen desta nova edición e sigan sumando experiencias tanto deportivas como de convivencia con equipos doutros puntos de Galicia e España.

Esta será a axenda no Pavillón Municipal de Baiona:

22/03/24

– 18:00 h

– Concurso de Tiro.

– Participación aberta a todos e todas

23/03/24

– 09:00 a 22:00 h

– Fase de Grupos.

24/04/24
– 09:00 a 14:00 – Play off

– 17:00 h – Final masculina.

– 18:00 h – Final Feminina 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram