Preselección Galega Cadete Masculina: cita en A Estrada

A Preselección Galega Cadete Masculina acomete este domingo, 29 de setembro; a súa segunda concentración da que se presume unha intensa temporada deportiva.

Coa localidade de A Estrada como escenario, habitual sede para o traballo dos nosos combinados autonómicos, un total de dezaseis xogadores convocados por César Iglesias e o seu equipo de traballo, realizarán dobre sesión de adestramentos, en quendas de mañá (de 11.00 h a 13.00 h) e tarde (de 16.30 h a 19.00 h).

Esta configúrase como a segunda convocatoria neste mes de setembro para a preselección cadete, o inicio dun camiño que se estenderá ata o vindeiro Campionato de España Cadete 2014.

No documento que se achega remítense os datos (nome e club de procedencia) de todos os xogadores citados para este domingo.

0373853001380272876-preseleccion-galega-cadete-masulina-29-09-13.pdf

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram