Planeta Mini 2024: Galicia confirma as súas Seleccións

A Área Deportiva FGB confirma de xeito oficial a composición definitiva das Seleccións Galegas para o Campionato de España de Minibasket (San Fernando, 23 a 27/03/24).

Son 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán ao Baloncesto Galego nesta cita, liderados polos seus adestradores, e levando con eles o espírito de traballo e de equipo de todos os compañeiros e compañeiras que formaron parte tamén de toda a preparación deportiva. A todos eles e elas, así como aos seus clubs e familias, trasladarlles o noso agradecemento polo compromiso e ilusión constante para coas seleccións!.

Nos documento que achegamos remitimos as listas definitivas para ambas as seleccións, as cales terán que afrontar agora tres citas previas á Nacional:

24 e 25/02/24 – Adestramentos no Concello de Marín.

08,09 e 10/03/24 – Torneo Interfederacións “Miranda de Ebro”

17/03/24 – Adestramento no Concello de A Estrada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram