O “3×3” Educa

O xogo limpo non entende de disciplinas deportivas, números, nin clasificacións. As Seleccións masculinas de Galicia e País Vasco en categoría U15 – 3×3 deixáronnos esta fin de semana, no seu duelo no Campionato de España 3×3 en Blanes; unha boa mostra disto: de que #OBaloncestoEduca e o “Fair Play” é SEMPRE vital.

Con País Vasco unicamente con 3 xogadores dispoñibles no torneo para disputar este encontro, unha xogada fortuíta no mesmo, produciu un pequeno golpe nun dos seus. Indisposto por este motivo durante uns minutos para continuar xogando, e tras petición aos árbitros, abandonou a pista.

Acto seguido, o Responsable arbitral do Campionato, Michel Pérez Niz; fixo saber a Galicia a posibilidade normativa voluntaria de retirar un xogador para continuar, ambos os equipos, disputando o encontro co mesmo número de xogadores. Galicia accedeu sen dubidalo e, durante uns intres, o 2×2 pasou a ser o protagonista en pista, da man inseparable desta decisión, marcada polo xogo limpo.

Co xogador vasco xa recuperado, o partido retornou de novo ao 3×3, o que xa non abandonou foi a sensación de que competido con deportividade, diga o que diga o marcador, todos gañamos!

Queremos recoñecer a actitude dos nosos xogadores, Nico, Carlos, Guille e Teo; e do seu adestrador, Rubén Engroba. E enviamos o noso agradecemento ao noso rival, o País Vasco, pola súa complicidade.

Desexamos vernos de novo nos pavillóns para seguir compartindo un escenario así, no que #OBaloncestoEduca. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram