O Baloncesto Educa
O Baloncesto Educa en valores e déixanos moitas ensinanzas positivas, e o RESPECTO é a primeira delas!.
Facemos un chamamento para que todos os implicados do Baloncesto Galego, sen excepción, contribuamos co noso exemplo e desfrutemos del con conciencia deportividade e respecto, dentro da pista, e dende a grada.
Activamos a Campaña #OBaloncestoEduca para facer ver a necesidade de desfrutar do noso Deporte con todo o positivo que atesoura, e sempre en EQUIPO!

Protocolo FGB ante Comportamentos violentos nas pistas
Inmersos de cheo na nosa Campaña #OBaloncestoEduca e ás portas dunha nova xornada de competición, compartimos o Protocolo FGB con respecto a Comportamentos Violentos nas pistas.
Vixente dende a temporada 2015 – 2016, o mesmo establece tres pasos de actuación que todos os implicados na Competición debemos ter presentes.

Desexando que, grazas á colaboración e deportividade de todos, a súa aplicación non sexa necesaria; apelamos de novo á TOLERANCIA CERO coas actitudes violentas no ámbito do noso Baloncesto.
Agradecer unha vez o máis o amplo apoio e compromiso co #OBaloncestoEduca
#OBALONCESTOEDUCA
PROTOCOLO FGB
CON RESPECTO A COMPORTAMENTOS VIOLENTOS NAS PISTAS