#KDTINF2024: Galicia dá o paso aos cuartos de final nas categorías masculinas

RESULTADOS: Infantil Mas | Infantil Fem | Cadete Mas | Cadete Fem

Canle FEB 

Páxina oficial do Campionato

Seleccións Galegas #KDTINF2024

05/01/24

GALICIA CADETE MASCULINA
Posto: Do 1 ao 8

(13:30 h) Andalucía – Galicia  (79 – 58)

Galicia competiu con todo nun partido que comezou mal para os seus intereses. Andalucía amosou un nivel altísimo de dureza e intensidade, ao que os galegos non foron quen de enfrontarse na primeira metade.

Na segunda parte do encontro, os de Pablo Abuín reaccionaron e, grazas ao rebote defensivo e enlazar co acerto exterior, puideron axustar a diferenza e achegarse a tan só 4 puntos. Cara o final, o nivel físico do dos andaluces foi clave para que remataran vencendo claramente.

GALICIA INFANTIL MASCULINA
Posto: Do 1 ao 8

(15:30 h) Galicia – Canarias (83 – 101)

Gran partido de ambas seleccións, que forzaron o deselance ata o último cuarto. O acerto exterior da escuadra canaria foi crucial.

Durante os tres primeiros cuartos, pese ao acerto exterior canario, Galicia conseguiu estar sempre en partido, con diferenzas pequenas e alternativas ante canastra. Dúas triplas canarias marcando o destino do partido, abriron para os isleños unha renda maior que defenderon á perfección. Nos últimos dez minutos, Galicia foi a remolque e tentando acurtar distancias pero, de novo, o acerto exterior rival condenou aos de Ruben Vigo á un resultado final negativo que non reflicte o bo facer galego durante todo o duelo.

 

GALICIA INFANTIL FEMININA
Posto: Do 9 ao 16

(13:30 h) Galicia – Cantabria (55 – 65)

Partido con moitos altibaixos das galegas. O xogo de Cantabria foi máis sólido, reflectíndose así no tenteo final. Nos dous primeiros cuartos ambos os equipos manexáronse ben sobre o terreo, con alternancias no marcador e vantaxes mínimas. Tras o descanso, mesma tónica. Erros non forzados dos dous equipos que,  sen conseguir despegarse no marcador, deixaban a Galicia moi xusta de forzas cara o último cuarto.

Neste escenario, Cantabria rendabilizada as imprecisións galegas e despegábase no marcador ata chegar á máxima diferenza.

GALICIA CADETE FEMININA
Posto: Do 9 ao 16

(11:30 h) Navarra – Galicia (46 – 59)

Encontro moi dinámico e con rápidas alternancias no marcador no inicio do mesmo. No paso ao segundo cuarto de xogo, Galicia asentase e coles vantaxe grazas aos robos e ao tiro exterior. Tras o descanso, Navarra tentou axustar as diferencias e aproveitou certas imprecisións nos pases das galegas, atopando así facilidades para o seu contraataque e segundas opcións de rebote en ataque.

Galicia tivo que apurar as opción nos derradeiros dez minutos e, amoscándose máis intensa, recuperar distancia suficiente no marcador para mandar definitivamente ata a vitoria final

 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram