Inscricións oficiais nas Competicións FGB

A temporada 2022 – 2023 dá o seus primeiros pasos coa publicación das inscricións nas primeiras categorías FGB sénior e de base.

Unha vez rematado prazo oficial para este importante trámite, a FGB emite as circulares oficiais ao respecto nas que se recollen os equipos inscritos en cada competición, así como o número de prazas vacantes nos casos correspondentes de cara á configuración definitiva das Ligas.

As vacantes cubriranse segundo o establecido nos artigos 116 e 126 do Regulamento Xeral FGB. Para solicitar esta opción queda aberto un prazo que se estenderá ata o vindeiro 8 de agosto ás 12.00 h.

Nº 5 – 29/07/22: Inscricións oficiais: 1ª División Masculina, 2º División Masculina e 1º Autonómica Feminina
Nº 6/01 – 01/08/22: Inscricións oficiais: 1ª Divisións Júnior, Cadete e Infantil

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram