Galicia, ante a súa estrea no PlanetaMini 2024

O sábado, 23 de marzo; comeza en San Fernando (Cádiz) o Campionato de España Minibasket de Seleccións Autonómicas. As 19 Federacións Autonómicas loitarán durante cinco días polo trono do torneo máis ilusionante dol calendario.

Cinco pistas (Bahía Sur, Parque 1, Parque 2, Pavillón Enrique Márquez e Pavillón Manuel Gómez Castro), 38 equipos, 1 e case medio milleiro de xogadores/as para a cita que un ano máis permitirá as Seleccións Galegas vivir unha experiencia inesquecible.

O sistema de competición para este Planeta Mini 2024 é idéntico ao da tempada pasada. O sábado e domingo, 23 e 24 de marzo; xogarase a primeira fase con cinco grupos (catro de catro e equipos e un de tres) que decidirán os oito mellores equipos do torneo. Galicia forma parte en ambas as categorías, masculina e feminina; do Grupo D.

Clasificaranse os dous primeiros equipos dos Grupos A, B e C e os líderes do D e E. Haberá outro cadro de cruces para dirimir os postos do 9 ao 16 (3º e 4º do Grupo A, 3º do B e C e 2º e 3º do D e E); e un triangular para os postos do 17 ao 19 (4º dos Grupos B, C e D).

Defenden título a Comunidade Valenciana en masculino, que derrotou na final do 2023 a Cataluña; e a Comunidade de Madrid en feminino, gañando a Andalucía na final da edición de 2023 de Tarragona e Salou.

Os 110 partidos emitiranse en directo por CanalFEB de forma gratuíta e cun simple rexistro.

CALENDARIO COMPLETO  #PlanetaMini2024

GALICIA MINIBASKET MASCULINA

Resultados MINI MASCULINO

CATEGORÍA MASCULINA
Grupo A: Cataluña, Aragón, Cantabria e País Vasco.
Grupo B: Andalucía, Canarias, Cast. Mancha e A Rioxa.
Grupo C: Madrid, C. Valenciana, Estremadura e Melilla.
Grupo D: Galicia, Asturias, Navarra e Ceuta.
Grupo E: Baleares, Cast. León e R. Murcia.

GALICIA MINIBASKET FEMININA

Resultados MINI FEMININO

CATEGORÍA FEMININA
Grupo A: Madrid, Aragón, I. Baleares e Cantabria.
Grupo B: Andalucía, I. Canarias, A Rioxa e R. Murcia.
Grupo C: Cataluña, C. Valenciana, Cast. Mancha e Melilla.
Grupo D: Galicia, P. Asturias, Estremadura e Ceuta.
Grupo E: Cast. León, País Vasco e Navarra.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram