Convocadas as eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da FEB

A Federación Española de Baloncesto publica a convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, á súa Comisión Delegada e á Presidencia da Federación Española de Baloncesto, en cumprimento do disposto no artigo 11 da Orde EFD/42/2024, do 25 de xaneiro, pola que se regulan os procesos electorais nas federacións deportivas españolas.


A convocatoria, así como o regulamento e o calendario electoral, os modelos oficiais de sobres e papeletas, a distribución do número de membros da Asemblea Xeral, a composición nominal da Xunta Electoral Federativa, o procedemento establecido para o exercicio do voto por correo e o censo electoral provisional, quedan expostos na sede, web e redes sociais da FEB; así como nas respectivas Federacións Autonómicas e no especial “Proceso Electoral 2024” da páxina web oficial da FEB 

ENLACE: Web Eleccións 2024
ENLACE: Convocatoria Eleccións FEB 2024
ENLACE: Regulamento Electoral
ENLACE: Censo Electoral Provisional

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram