Tal como establecen os Estatutos da Federación Galega de Baloncesto, o Comité Galego de Árbitros ten as funcións seguintes:
· Fixar os niveis de formación dos árbitros galegos.
· Clasificar tecnicamente os árbitros oficiais de mesa e asignalos ás categorías correspondentes.
· Propor os candidatos a árbitros de categorías FEB.
· Propor as normas administrativas que regulan a arbitraxe.
· Designar os colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.
Se estás pensando en formarte como árbitro, oficial de mesa ou técnico arbitral podes atopar toda a información necesaria para este proceso aquí: FORMACIÓN.
Composición
Miguel Ángel Pérez Pérez
Axunto á Dirección Técnica e Designador Autonómico
Elio Clavería
Secretaria CGAB
Susana García
Responsables Arbitrais Zonais
RAZ Arousa: Ana Ramos
RAZ Coruña: Irina González
RAZ Ferrol: Roque Urbano
RAZ Lugo: Mónica Carballeda
RAZ Santiago: Xesús Pena
RAZ Ourense: Elio Clavería
RAZ Vigo: Marcos Estévez