Adestradores: convocatoria Curso de Nivel II 2015 – 2016

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área Deportiva, abre a convocatoria para o Curso de Adestradores de Segundo Nivel correspondente ao ciclo 2016.

Unha nova etapa didáctica, cuxas bases normativas e requisitos se atopan determinadas no documento que se achega, permanece aberta xa para todos aqueles adestradores que se atopen na posición de querer dar un paso máis na súa formación.

O Curso Nivel II – 2016 repetirá o exitoso esquema docente que ven acompañando a Área de Adestradores FGB dende o ano 2007, respectando ademais o sistema temporal e xeográfico de concentración nunha única sede. Os detalles deste novo curso, que a continuación reseñamos, atópanse dispoñibles, xunto ao formulario de inscrición para todos os interesados.

Curso Nivel II – 2015 – 2016

Convocatoria: outubro 2015

Data aulas: xullo 2016

Sede Fase Presencial: Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela)

Cota: 400 euros (Abono por transferencia bancaria á conta 2100 – 1455 – 14 – 0200227406. IBAN ES96
(Indicar: nome persoal completo e nivel do curso).

Formulario de Inscrición – Nivel 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram