Doble sesión de seminarios específicos no CAD Manuel Peleterio – FGB

O “CAD Manuel Peleteiro –  FGB ” continúa a súa marcha nesta temporada 2020 – 2021 e programa para este domingo, 28 de febreiro; dúas novas actividades específicas presenciais que reforzarán a formación do total dos seus 21 alumnos de Ciclo Inicial e 19  de Ciclo Final.

Nunha temporada 20 – 21 na que dende o CAD se está apostando polo equilibrio entre as aulas online e físicas, na medida das posibilidades que permite a situación sanitaria; esta xornada dominical achega unha nova oportunidade de compartir en persoa, nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro; as experiencias de dous profesionais do noso Baloncesto a alto nivel.

Rubén Vieira, Preparador Físico de Monbus Obradoiro e Román Gómez, Adestrador axudante en Leyma Basquet Coruña serán os protagonistas dun seminario e obradoiro, respectivamente; realizándoos coa seguinte temática, horario e grupo de alumnos en cada caso:

CICLO INICIAL
Seminario específico: “Pautas de Traballo Físico en Formación”, a cargo de Rubén Vieira (de 15:30 h a 19:30 h)

CICLO FINAL
Obradoiro específico: “Scouting: Ferramentas de Observación e Análise” a cargo de Romaán Gómez. (de 11:30 h a 13:30 h).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram