PlanetaMini2023: Galicia, en cuartos de final por partida dobre!

Domingo para desfrutar do Minibasket galego no PlanetaMini2023. Vivimos a segunda data de competición, na que pechamos a fase de grupos. Fixémolo cons tres partidos, dous para o equipo de Rubén Vigo, e un terceiro para as xogadoras de Adrián López. E sumamos outras tantas vitorias que deixan a Galicia en cuartos de final en categoría feminina e categoría masculina!

Esta loita entre o 1 e 8 posto a comezaremos mañá, luns, tres de abril; ás 15:30 h simultáneamente, ante Cataluña en categoría masculina; e ante Andalucía en feminina. Os encontros poderanse seguir en directo a través do Twitch da FEB.

GALICIA MINIBASKET FEMININA

Grupo E: Galicia, Castilla León e I. Baleares.

X3 – 02/04/23

(19:30 H) – Pavillón Salou Ponent

Galicia – Castilla León (69 – 53)

Unha Galicia todo corazón sobrepúxose á derrota do seu primeiro encontro da Fase de Grupos e, ante Castilla León, loitou con físico, ritmo e actitude sempre gañadora para impor no marcador unha vantaxe de máis de 14 puntos, necesaria para optar ao primeiro posto do seu Grupo, e con el, á clasificación para os cuartos de final. E así foi!. Galicia asinou un partido, non sen nervios, pero con todo de cara para traducir o seu esforzo e xogo colectivo nun marcador que cumpría o agardado. Adrián López e o seu equipo competirán mañá, luns; ante Andalucía (15:30 h) nos cuartos de final. Parabéns! 

GALICIA MINIBASKET MASCULINA

Grupo D: Galicia, P. Asturias, Navarra e Ceuta.

X2 – 02/04/23

(11:30 H) – Palau D´Esports

Galicia – Navarra (92 – 49)

Vitoria competida ante unha Navarra moi física. A Galicia custoulle entrar no partido, comentendo pequenas imprecisións, pero co paso dos minutos eses despistes trocaron en dominio sobre a pista do Palau D´Esports. Os de Rubén Vigo progresaron no seu xogo, máis ordenados e sumando ritmo na segunda metade do encontro. Ao remate, certificaron un trunfo moi importante, o segundo da Fase de Grupos. Póxima parada: Asturias para pechar esta rolda do Campionato.

X3 – 02/04/23

(17:30 H) – Palau D´Esports

Galicia – Asturias (106 – 56)

Rotunda vitoria para os de Rubén Vigo coa que selar unha importantísima primeira posición definitiva do Grupo D. Esta clasifica a Galicia para os cuartos de final. Entre a ledicia e un baloncesto en ampla progresión, os galegos veranse as caras nesta nova rolda ante Cataluña (03/04/23 – 15:30 h. Palau D´Esports). Gran traballo de todo o Equipo!

Calendario de Xogo

Resultados Mini Masculino

Resultados Mini Feminino

Retransmisións – 02/04/23

https://canalfeb.tv

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram