X Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” 

As Preseleccións Galegas de Minibasket entran en xogo. Os combinados autonómicos chegan ao punto de inflexión na súa programación e afrontan este sábado e domingo, 10 e 11 de febreiro; o X Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín”.

Contando unha edición máis coa imprescindible colaboración de Concello de Marín e Club Marín Peixegalego, recibimos nesta cita ás Federacións de Euskadi, Asturias e Castilla e Leon para dar xuntas un paso máis no camiño cara o Campionato de España.

Nun evento que suma Baloncesto, convivencia e aprendizaxe, as oito preseleccións competirán en dous pavillóns simultaneamente, convertendo a Marín no epicentro do Minibasket nesta fin de semana.

Desfrutaremos dun total de 12 partidos que se poderán seguir tamén en DIRECTO, e ao completo, vía FEGABA TV.

X Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” – Categoría Feminina

10/02/24 – Pavillón San Narciso
(10:00 h) Euskadi – Asturias
(12:00 h) Galicia – Castilla León
(16:00 h) Castilla León – Asturias
(18:00 h) Galicia – Euskadi

11/02/24 – Pavillón A Raña
(10:00 h) Euskadi – Castilla León
(12:00 h) Asturias – Galicia  

IX Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” – Categoría Masculina

10/02/24 – Pavillón A Raña
(10:00 h) Galicia – Castilla León
(12:00 h) Asturias – Euskadi
(16:00 h) Galicia – Euskadi
(18:00 h) Castilla León – Asturias

11/02/24 – Pavillón A Raña
(10:00 h) Euskadi – Castilla León
(12:00 h) Asturias – Galicia

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram