As Seleccións Galegas xa teñen representantes para o #KDTINF2024

Galicia xa coñece as súas Seleccións Infantís e Cadetes definitivas que tomarán parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas #KDTINF2024, o cal terá lugar na provincia de Huelva do tres ao sete de xaneiro.

Os catro combinados xa están listos para poñer rumbo á que será, como cada edición, unha cita deportiva e unha experiencia persoal inesquecible para toda a expedición que a conforma.

Chegar a este punto de inflexión, requiriu dun camiño de traballo que se realizou por moitos xogadores e xogadoras aos que queremos agradecer polo compromiso e ilusión amosados en cada concentración na que tomaron parte. A todos eles, así como aos seus clubs e familias, o noso recoñecemento.

Derradeira concentración

As catro seleccións definitivas afrontarán en Marín, os vindeiros 27 e 28 de decembro; unha última concentración previa á súa saída cara ao o Campionato de España. A mesma, supón a posta en marcha dunha conta atrás moi especial, a do #KDTINF2024!

Seleccións Galegas Infantis e Cadetes – KDTINF2024 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram