A Federación Galega de Baloncesto e o Colexio de Odontólogos da Coruña unen esforzos para mellorar a saúde bucal dos deportistas

O presidente da FEGABA, Julio Bernárdez; e o presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña (ICOEC), José María Suárez; celebraron este luns, 18 de marzo; unha xuntanza para establecer as liñas xerais dun futuro acordo que unirá a ambas as entidades na mellora da saúde bucodental e do rendemento físico dos deportistas de base e elite no noso baloncesto.

FEGABA e ICOEC tentarán optimizar accións formativas, incentivar as achegas da industria do sector e a atención clínica especializada para mellorar a saúde bucodental dos deportistas. Nestes proxectos estarán implicados todos os profesionais integrantes do ICOEC.

Todas estas accións terán como principal obxectivo aumentar a calidade de vida dos nosos deportistas e optimizar o seu rendemento físico limitando ao tempo as lesións derivadas do mal estado de saúde oral, mellorando así as expectativas de futuro de todos os federados de baloncesto da nosa Comunidade autónoma.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram