A Arbitraxe CGAB, de novo protagonista no Colexio Liceo La Paz

A Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Liceo La Paz de A Coruña renovan o seu acordo de colaboración polo cal a arbitraxe federada en Baloncesto configúrase como actividade extraescolar na dinámica anual do centro.

O Delegado FGB en Coruña, José Manuel Villamarín; e o Director Técnico do Liceo la Paz, Martín López, materializaron a nova sinatura do convenio que confía de novo nesta iniciativa pioneira en Galicia.

Tras a posta en marcha a pasada temporada con notables resultados deste proxecto, ambas as entidades apostan por consolidar o mesmo durante a presente 2023 – 2024, ofrecendo de novo ao alumnado de 14 e 15 anos a posibilidade de formarse como colexiados e colexiadas federados a través de aulas mensuais.

As clases impartiranse nas instalacións do propio Colexio Liceo La paz e estenderase dende este mes de setembro ata maio de 2024 baixo a dirección de David Canosa, responsable arbitral FGB na Delegación Zonal en A Coruña e presente tamén na firma da renovación.

Neste marco, a arbitraxe federada suma á súa función e especialización deportiva un aspecto educativo da man da formación de valores éticos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram