Betanzos, confirmada como sede para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino 2024

  • Betanzos será o emprazamento para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino na súa edición XLIV.
  • Este evento, que reúne aos 32 mellores equipos do baloncesto infantil nacional, regresa a Betanzos tras ser xa a localidade sede no ano 2021 desta mesma cita masculina, e no 2022 en categoría feminina. 

Concello de Betanzos e Club Santo Domingo de Betanzos organizarán o Campionato de España de Clubs en categoría Infantil Masculina, evento que terá lugar entre o dous e oito de xuño deste 2024.

A Alcaldesa do Concello de Betanzos, María Barral; o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; e o Presidente do Club Santo Domingo de Betanzos, José María Valeiro rubricaron este luns o convenio para a celebración da que será a XLIV edición deste evento nacional. 

As tres entidades asinaron a que é de novo unha aposta en firme por continuar asentando a Galicia como un escenario perfecto para o deporte de formación, materializando a capacidade organizativa dos concellos e clubs galegos, co respaldo e apoio incondicional da Federación Galega.

Precisamente, a propia Federación Galega de Baloncesto mantense como sede deste Campionato infantil masculino dende o ano 2014, e coa única excepción do ano 2023:

2014 – Cambados
2015 – Cambados
2016 – Lugo
2017 – Pontevedra
2018 – Lugo
2019 – Lugo
2021 – Betanzos
2022 – Marín
2023 – Badajoz

No apartado estritamente deportivo, neste 2024 o Baloncesto Galego contará con 3 equipos dentro dos 32 clubs participantes no Campionato, así como da presenza de árbitros e oficiais de mesa autonómicos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram