Soleira Cortegada e C.B. Dorna, campións da Copa Deputación de Pontevedra Infantil

A Copa Deputación de Pontevedra na súa categoría Infantil pechou esta fin de semana as competicións oficiais FBG para a temporada 2012- 2013.

Celebrando este sábado, 15 de xuño, as dúas finais que lle restaban, esta competición recoñeceu como novos campións infantís a Soleira Cortegada, no apartado das féminas, e a C.B. Dorna en categoría masculina.

Os encontros decisivos que fixeron campións a ambos equipos disputáronse en Cambados e en Ponteareas, respectivamente. E para a súa celebración e, rubricando de novo o seu compromiso e apoio ao Baloncesto, contouse coa colaboración e presenza da Deputación de Pontevedra.

Así, e desfrutando tamén do bo xogo dos catro equipos finalistas, contouse coa presenza en Cambados da Deputada Provincial de Deportes, Begoña Estévez; que estivo acompañada polo Vicepresidente FGB, Alberte Zato; e o Delegado FGB na zona de Arousa, Jose Luis Renda.

0924219001371460953-a-diputada-de-deportes-begona-estevez-fixo-entrega-a-cortegada-do-seu-trofeo

Pola súa banda, remarcar tamén a participación, en Ponteareas, do concelleiro de Deportes da vila, Alberto Novoa, que tomou parte da entrega de trofeos, xunto ao Presidente FGB, Francisco Martín; e o responsable federativo en Vigo, José Luis Pérez.

Os resultados deportivos das finais sucedéronse do seguinte xeito:

Final Copa Deputación de Pontevedra Infantil Feminina

Soleira Cortegada – La Academia Celta (55 – 47)
(18.00 h. Pavillón do Pombal. Cambados)

Final Copa Deputación de Pontevedra Infantil Masculina

Golosinas Meloso Seis do Nadal – C.B. Dorna (64 – 70)
(18.00 h. Pavillón Municipal Álvaro Pino. Ponteareas

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram