Recoñecemento á historia do Obradoiro CAB coa presenza do Presidente FGB 

O Presidente FGB, Julio Bernárdez; xunto aos tamén ex xogadores de Obradoiro CAB, Antonio López Cid e Emilio Rivas; participou esta mañá na presentación da nova camiseta retro oficial do club, concebida como homenaxe e recoñecemetno a historia da entidade santiaguesa.

O máximo responsable FGB, en calidade de ex xogador e técnico durante dez anos do club compostelá, amosouse honrado de poder ser parte deste recoñecemento a unha traxectoria deportiva colectiva e a uns compañeiros que xa son amigos, e parte imprescindible da idiosincrasia da cidade de Santiago.

Ademais, con todo o cariño, o novo responsable da FGB fixo entrega a José Luis Mateo, Director Xeral do Obradoiro CAB; dunha sudadeira orixinal da súa época en activo no club. Un detalle que simboliza ese traballo e esa vida persoal e deportiva da que recoñeceu ter recollido unha gran aprendizaxe e experiencia.

IMG 0026 3

Baloncesto Galego 
Nesta liña, Bernárdez salientou o seu desexo de poder plasmar na dirección da entidade federativa todo o aprendido na súa etapa como deportista e na súa etapa en Obradoiro CAB.

Así, indicou, que nos catro anos que a súa lexislatura ao fronte do Baloncesto Galego ten por diante, traballará, entre outros, en obxectivos tan importantes como o “poder trasladar a todas as institucións do deporte da canastra en Galicia as melloras que sexan necesarias”, e na creación de estruturas fortes para o “coidado homoxéneo de todo o tecido da base do noso Baloncesto autonómico”, e poder desfrutar aquí do seu talento e seguir facéndoo crecer”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram