Sandra Prieto e Gonzalo García de Vitoria, na axenda formativa do CAD

Visita de elite para os alumnos do CAD FGB – Colexio Manuel Peleteiro. O ciclo inicial de grao medio orientado a adestradores e promovido por Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro contará este martes, cinco de marzo, coa participación especial de Sandra Prieto, adestradora de BAXI Ferrol; e de Gonzalo García de Vitoria, adestrador de Rio Ourense Termal.

Nunha nova sesión presencial das programadas na estrutura anual do CAD, ambos os dous técnicos trasladaran a súa experiencia ao fronte dos seus equipos en Liga Día, no caso de Sandra, e LEB Ouro, no de Gonzalo. Baixo un eixo temático concreto: “As Habilidades Comunicativas”, os dous convidados compartirán cos alumnos un punto de vista máis do seu traballo diario ao fronte de grupos de máxima categoría.

Este seminario terá lugar nas propias instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en turno único, a partir das 16.00 h da tarde e servindo como broche perfecto a toda unha nova xornada de aulas do Ciclo, que dará comezo no seu caso en horario de mañá coas materias do Bloque de Dirección.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram