O”All Star” FGB recala en Noia

O “All Star” FGB chega á vila de Noia para celebrar a súa sétima edición consecutiva, este ano coa xeración 2007 como referente. Este sábado, 22 de febreiro, e grazas á colaboración de CB Noia e concello local, o Pavillón Municipal Alonso Rodríguez acollerá esta actividade que combina traballo de avaliación e tecnificación con competición amigable, e cuxos protagonistas serán un total de 20 xogadores e 20 xogadoras de toda Galicia convocados pola Área Deportiva FGB.

Os 40 deportistas citados realizarán adestramentos a porta pechada en horario de mañá, e aproveitarán a tarde para completar un programa de dobre enfrontamento de entrada libre:

16.30 h – Encontro All Star Feminino 2017
18.30 h All Star Masculino 2017

As listas de xogadores e xogadoras citados para este “All Star” FGB poden consultarse nos documentos que achegamos.

All Star 2007 Feminino – Noia, 22/02/20
All Star 2007 Masculino – Noia, 22/02/20

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram