CAD Manuel Peleteiro – FGB: últimas datas para a preinscrición

Derradeira semana de prazo para tramitar a preinscrición no CAD Manuel Peleteiro – FGB. O “Ciclo Inicial de Grao Medio de Baloncesto” que Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro teñen xa en marcha para a vindeira temporada cumpre este venres, 6 de xullo; a súa data tope para que os adestradores e adestradoras interesadas en formar parte do mesmo poidan solicitalo debidamente.

Cun total de 430 horas lectivas, divididas en carácter presencial e online, o CAD Manuel Peleterio FGB oferta un total de 60 prazas ás que poden optar todas aquelas persoas coa titulación ESO aprobada. 

A estrutura temporal e didáctica deste CAD, así como todos os requisitos e detalles indispensables á hora de acometer a preinscrición; poden consultarse xa nos diferentes documentos oficiais que achegamos.

CAD Manuel Peleteiro – FGB: Tríptico oficial

Formulario Autorización Datos – CAD

Formulario de Preinscrición – CAD

 

CAD Manuel Peleteiro – FGB: Tríptico oficial
Formulario Autorización Datos – CAD
Formulario de Preinscrición – CAD

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram