Adestradores: A Mariña Lucense, obxectivo para a formación en iniciación

A Área Deportiva FGB activa na zona da Mariña Lucense o primeiro Curso de Formación en Iniciación para adestradores da temporada 2017 – 2018.

Esta zona xeográfica, enmarcada na Delegación Lucense da FGB; será a sede dunha convocatoria que conta cos seguintes requisitos temporais:

Delegación Lugo (A Mariña) – Curso de Iniciación setembro – outubro 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 02/10/2017.

Formación presencial: 30/09/2017 e 01/10/2017. Sede: Polideportivo Municipal San Ciprián.

Inscrición: aberta ata o 28/09/2017

Os interesados en tramitar a inscrición deben xestionala a través da Delegación Lucense. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Posteriormente a delegación deberá recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso: delegacionlugo@fegaba.com

Formulario Preinscrición Formación en Iniciación Adestradores: 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram