XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina: as semifinais en directo en FEGABA TV

O Pazo dos Deportes de Lugo acolle este venres, 15 de setembro; as semifinais da XXXVII edición da Copa Galicia Sénior Masculina, que neste 2023 organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.

Con Monbus Obradoiro e Leyma Coruña en primeira quenda (18:00 h) e Río Breogán vs Club Ourense Baloncesto pechando a noite (20:30 h), abrirase unha Fase Final que será, como cada pretemporada, o intre de celebrar o Baloncesto Galego masculino de máis alto nivel.

Para desfrutar de ambos encontros hai dobre opción:

– En vivo no Pazo dos Deportes, podando acceder ás entradas e abonos para esta Copa Galicia a través da Plataforma virtual: https://entradas.lugoebasket.es

– A través de FEGABA TV, a nosa canle en Youtube. Premendo nas images a continuación, atópase o acceso a cada partido:

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram