Durán Maquinaria Ensino: Campión da XXXVI Copa Galicia Sénior Feminina

A Copa Galicia Sénior Feminina celebrou en Compostela a súa XXXVI edición. O venres, 29 de setembro; e o domingo, 1 de outubro; a capital galega acollelleu no Pavillón de Santa Isabel a festa do Baloncesto Feminino por excelencia, contando con catro candidatos ao título de máximo nivel: Durán Maquinaria Ensino, Celta Zorka Recalvi, Baxi Ferrol e Mariscos Antón Cortegada.

Esta cita co mellor Baloncesto Feminino Galego realizouse baixo a organización de Rosalía Fedesa, en colaboración co Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, deixando como Campión na final a un Durán Maquinaria Ensino que venceu a Baxi Ferrol, sumando así a cuarta Copa Galicia da súa historia (2023, 2019, 2018 e 2006). Baxi Ferrol queda situado no Palmarés da Copa cun total de sete edicións ao seu favor (2022, 2021, 2016, 2015, 2014, 2013 e 2012).

Esta Final foi tamén un momento especial para reconocer a traxectoria e o traballo como impulsores do Baloncesto Feminino en Compostela de Moncho Boullón, Juan José Ruibal e José M. Castelao. O seu esforzo e paixón polo deporte durante tantos anos recibiu a merecida Homenaxe de mans da Alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; O Presidente FGB, Julio Bernárdez; a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro; e Ubaldo Rueda e Ángel Cabanas, representando a Rosalía FEDESA.

O noso máis forte aplauso aos tres! 

(12:00 h) Final 

Durán Maquinaria Ensino – Baxi Ferrol (71 – 58)

Árbitros: Jacobo Rial, Laura Piñeiro e Manuel Seijo.

MVP: Lydia Giomi (Durán Maquinaria Ensino).

Estatística

Semifinais – 29/09/23

(18:00 h) Durán Maquinaria Ensino – Mariscos Antón Cortegada (60 – 42) 

Árbitros: Dani Illán, Adrián Álvarez e Cristian Abalo. 

Estatística 

(20:30 h) Baxi Ferrol – Celta Zorka Recalvi (68 – 64)

Árbitros: Manuel Seijo, Iván Escariz e Anxo Méndez.

Estatística

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram