XXXIX Curso de Adestrador Superior: aberto o prazo de preinscrición

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa; pon en marcha o mecanismo do Curso Superior 2015, que de novo despregará a súa fase presencial na cidade de Zaragoza.

– Esta XXXIX edición do CES repite sede na capital maña, que xa foi escenario da actividade os pasados anos 2011, 2012 e 2014 rexistrando sempre notable satisfacción entre os participantes.

A Federación Española de Baloncesto abre a convocatoria do XXXIX Curso de Adestrador Superior, a celebrar na súa Fase non Presencial entre o 8 de abril e o 6 de xullo; e na súa etapa presencial entre o 12 e o 26 de xullo en Zaragoza.

Con carácter federativo de ámbito nacional, o Curso de Adestrador Superior 2015 conta cunha carga lectiva total de 750 horas, repartidas en catro fases, sumando un total de 325 horas de índole presencial e 425 restantes.

Fase a distancia: que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica. Iniciase o 8 de abril e finaliza o 6 de xullo.

Fase presencial: realízase en Zaragoza entre os días 12 e 26 de xullo, en horario de 9 a 14 horas, de 17 a 21 horas.

Fase de proxecto final: iníciase o 1 de agosto, finalizando o 1 de decembro de 2015.

Fase de prácticas: iníciase o 1 de setembro finalizando o 28 de febreiro de 2016. Deberá realizarse nun centro de prácticas homologado pola FEB ou polas propias Federacións Autonómicas.

Primeiro paso: Preinscricións
Os adestradores galegos interesados en tramitar a súa participación no XXXIX Curso de Adestrador Superior deben enviar a súa preinscrición antes do vindeiro 4 de abril e a través da Federación Galega (adestradores@fegaba.com).

Nos documentos de convocatoria oficial FEB que achegamos remítense todos os detalles (requisitos, validacións, cota e recomendacións) que son precisos para levar a cabo este primeiro proceso de preinscrición. Así mesmo, tamén se reflicte o formulario de solicitude de aloxamento, se interesase.

Curso de Adestrador Superior 2015: convocatoria
Curso de Adestrador Superior 2015: boletín de aloxamento

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram