XXXII Copa Galicia Sénior Feminina: Durán Maquinaria Ensino, campión

O Pavillón da Malata en Ferrol volveu a acoller Baloncesto ao máis alto nivel máis de vinte anos despois coa final da XXXII edición da Copa Galicia Sénior Feminina, celebrada este domingo na pista do pavillón Ferrolá, e qie convertiu a Durán Maquinaria Ensino no novo campión da Copa Galicia, a segunda da súa historia.

 

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina- Final (Pavillón A Malata. Ferrol. 30/09/18)

(12.00 h) BAXI Ferrol – Durán Maquinaria Ensino

(20 – 16, 10 – 15, 25 – 25, 11 – 15) (66 – 71)

Palmarés Histórico – Copa Galicia

Con BAXI Ferrol como anfitrión e rival, o equipo lucense, dirixido por Juan Nécega, rexistrou un trunfo que estrea do mellor xeito posible a súa temporada en Liga Feminina. A igualdade dominou un encontro que tanto lucenses como ferrolás tentarón facer seu dende un inicio, pero que realmente so conseguiu dominar no derradeiro cuarto o propio Durán Maquinaria, aproveitando a perda do pulso anotador do equipo de Carles Martínez nestes últimos dez minutos (66 – 71)

IMG 2307

Coa presenza no Pavillón da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez; O Concelleiro de Deportes do Concello de Ferrol, Jesús Basterrechea; o Presidente de BAXI Ferrol, Leopoldo Ibáñez; e o Vicepresidente FGB; José Manuel Villamarín; Durán Maquinaria Ensino rubricou a que supón a segunda Copa Galicia do seu palmarés (1996 e 2018) e sumou tamén o recoñecemento como a MVP “Caixabank” da final á súa xogadora Claudia Calvelo.

IMG 2220

Estatística: BAXI Ferrol – Durán Maquinaria Ensino (66 – 71)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram