XXXII Copa Galicia Sénior Feminina: Durán Maquinaria Ensino e BAXI Ferrol, finalistas

A XXXII Copa Galicia Sénior Feminina viviu este venres en Ferrol a disputa das súas semifinaisBaixo a organización de BAXI Ferrol e Concello local, o Pavillón da Malata convertiuse na sede de dous encontros protagonizados por Durán Maquinaria Ensino e R.C. Celta Baloncesto (18.00 h) e A.D. Cortegada e o propio BAXI Ferrol (20.15 h). Ambos os duelos, que puideron seguirse en directo grazas á canle oficial da Federación Galega de Baloncesto en YouTube, viñeron marcados pola igualdade e unha loita moi parexa por facerse cun oco na final deste domingo (12.00 h. Pavillón da Malata).

XXXII Copa Galicia Sénior Feminina- Semifinais (Pavillón A Malata .Ferrol. 28/09/18)

(18.00 h) Durán Maquinaria Ensino – R.C. Celta Zorka

(30 – 21, 19 – 20, 17-13, 14-20) (80 – 74)

(20.15 h) BAXI Ferrol – A.D. Cortegada

(19 – 13, 15 – 19, 15 – 15, 19 – 14) (68 – 63)

 

Estatística: BAXI Ferrol – A.D. Cortegada (68 – 63)
Estatística: Durán Maquinaria Ensino – R.C. Celta Zorka (80 – 74)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram