A XXXI Copa Galicia Sénior Masculina chega a Noia esta fin de semana para celebrar a súa XXXI edición. Concello local e C.B. Noia organizan esta Copa Galicia 2016, a cal xa ten dispoñibles para a venda as súas entradas.
A Fase Final da XXXI Copa Galicia Sénior Masculina terá lugar este sábado e domingo, 24 e 25 de setembro; no Pavillón Municipal de Noia, baixo o seguinte calendario:
Sábado, 24/09/16 (20:30 h) Semifinal.
Domingo, 25/09/16 (19:30 h) Final: Vencedor Semifinal – Río Natura Monbus Obradoiro
A identidade dos dous equipos que protagonizarán a semifinal estase a decidir coa disputa da fase previa, a cal mantén a día de hoxe os seguinte resultados e clasificación:
Fase Previa XXXI Copa Galicia Sénior Masculina: resultados e clasificación
Venda de entradas
Os interesados en facerse coas entradas para a Fase Final poderán mercalas a partir deste este martes e ata o venres, 23 de setembro; na sede da Federación Galega de Baloncesto en Santiago (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) en horario de 09.30 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.00 h. Pola súa banda, na propia vila de Noia os afeccionados poderán facerse coas súas entradas no Pavillón Alonso Rodríguez, os días luns, mércores e venres en horario de 18.00 h a 19.00 h.
As entradas terán un prezo diferenciado por cada día: 5 euros para a semifinal do sábado; e 10 euros para a final do domingo 25. Salientar a doazón, por parte da organización desta Copa, do 50% da recadación do sábado 24 á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASPOH)